Se es unha persoa comprometida e honesta con gañas de facer algo diferente dentro do apaixoante mundo da cociña.
Buscamos persoas motivadas e con talento para a nosa cociña de produción para restaurantes e cátering.
Nós poñemos todo o demais para que te sintas a gusto:


Fogar do Santiso, busca 2º de cociña para a súa cociña central que se atopa no restaurante de Teo e para o cátering.
Precisamos incorporar unha persoa responsable, humilde e aberta, con alta capacidade de traballo en equipo, totalmente involucrada co noso concepto de cociña e coa cultura ecolóxica, sustentable e de amor pola terra na nosa empresa.
Nós aportarémosche a formación precisa

.
Serás responsable de tratar directamente cos nosos diferentes xefes/as de cociña e maîtres, informándolles de todas as continuas novidades de produción da nosa oferta gastronómica circular que depende absolutamente da tempada e da produción do Fogar: panadería, pastelería, xeadería, horta, sala de despece das nosas carnes e peixes... Así como de dirixir o equipo de produción e de cociña do cátering coas directrices establecidas.
Transmitirás á dirección toda a información precisa para mellorar a produción e o traballo do equipo con informes diarios e con reunións semanais.


É un posto totalmente orientado á mellora dos procesos produtivos do departamento de produción de cociña, polo que a empresa asumirá todas as tarefas de relación cos provedores e recursos humanos, para que así adiques todo o teu tempo e esforzo á calidade da produción e ó equipo, axudándoche/lles a conciliar vida familiar e laboral.


Os días de descanso semanais serán dous con xornada continua de mañá salvo eventos.
Interesantes condicións económicas e posibilidades de crecemento profesional dentro da empresa.
Agardámoste para que formes parte do noso gran proxecto.

 

La jornada laboral se comunicará en la entrevista
Necesitamos cubrir una vacante
Se informará en la entrevista sobre el tipo de contrato y la duración del mismo
Sobre el salario hablaremos en la entrevista de trabajo.
El puesto a desempeñar es de segundo de cocina.
Se requiere formación de algún tipo acorde al puesto solicitado.
Se solicita una experiencia mínima de 2 Años.
El trabajo se desarrollará en Teo, A Coruña

 

https://buscadordetrabajo.es/segundo-cocina/coruna/54058/2---de-cocina?utm_source=Indeed&utm_medium=organic&utm_campaign=Indeed