MANIFESTO/DECLARACIÓN INSTITUCIONAL #ENNEGRO 

Na Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres aprobada pola Asemblea Xeral da ONU (1993) defínese a violencia de xénero como “todo acto violento baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública coma na privada”. A violencia de xénero constitúe un grave atentado directo e inmediato contra a dignidade, os dereitos individuais, a calidade de vida e a saúde física e mental das mulleres. É a manifestación máis extrema das desigualdades de xénero e, polo tanto, un obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade democrática. 

A loita contra a violencia machista debe ser unha prioridade institucional e política para as administracións de todos os niveis de goberno polo que é preciso un consenso institucional, político e social así como a coordinación entre as diferentes administracións con competencia na materia. Para acadala é preciso comprometer as institucións a destinar maiores recursos económicos, humanos e materiais para tal fin. Só no que vai de 2018 foron asasinadas en España, 43 mulleres e 8 menores, só en Galicia 3 mulleres, unha situación insostible para calquera sociedade que se considere democrática, pois estamos a falar do máis elemental dos dereitos humanos, o dereito á vida.

Nos últimos tempos fomos avanzando na visibilización dalgunhas violencias machistas grazas ao traballo de mobilización e concienciación dos diferentes movementos feministas. Porén temos que seguir avanzando, tamén nas institucións, e non podemos caer na falsa imaxe de que porque sexa máis visible do que anos atrás ou haxa un marco legal máis amplo é suficiente. É preciso reparar e enfrontar todo tipo de violencias, desde a máis extrema que pon en perigo a saúde mental e física das mulleres ata outro tipo de violencias como a presión estética, a violencia obstétrica e tratos inadecuados no marco da sanidade ata a violencia económica que sofren as mulleres neste contexto de emerxencia social, por teren as peores taxas de desemprego e precariedade, padeceren a desigualdade salarial e ocuparen a maioría dos traballos non asalariados. Para todas estas cuestións, as institucións poden e deben axudar a responder e a paliar as súas consecuencias.

A pesar de levar anos lexislando a favor da igualdade de xénero consideramos que os esforzos non son suficientes, ademais de recoñecer as graves fendas de xénero existentes no ámbito social, económico, cultural, cómpre atallar as causas estruturais e sociais que substentan estas desigualdades a través de políticas reais para a promoción da igualdade e a prevención das violencias entre as nosas veciñas e veciños que contemplen recursos humanos e económicos para o seu correcto desenvolvemento, no ámbito da educación, da xustiza, dos coidados...

Desde o Concello de Cuntis queremos expresar con firmeza, non só o noso rexeitamento das violencias que sofren as mulleres polo mero feito de selo, senón tamén dar conta de que é algo que nos compromete a todas e a todos, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación, recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres, os nenos e as nenas.

Hoxe, 23 de novembro, desde o Concello de Cuntis queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres; amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia.

 

Novembro de 2018.

 

 

#Cuntisennegro

#Galiciaennegro

#Contraasviolencias

 

Concepción Campos Fernández,

Concelleira de Igualdade e Benestar Social.

Concello de Cuntis

 

Documentos adxuntos:
Download this file (60x42-ciumes.pdf)cartel ciumes[ ]776 kB
Download this file (60x42-son-libre.pdf)cartel libre[ ]791 kB
Download this file (60x42-unha-de-cada.pdf)cartel 1 de cada 4[ ]797 kB
Download this file (98x68_espazo-libre.pdf)cartel espazo[ ]792 kB
Download this file (A3-mais-xogos.pdf)cartel berros[ ]784 kB
Download this file (A3-non-es-o-meu-dono.pdf)cartel dono 2[ ]766 kB
Download this file (A3-non-son-o-teu-dono.pdf)cartel dono[ ]768 kB
Download this file (A3-non-son-un-principe.pdf)cartel príncipe[ ]776 kB
Download this file (A3-respecta-as-miñas-decisións.pdf)cartel respecta[ ]783 kB
Download this file (A3-Sempre-libre-e-viva.pdf)cartel sempre[ ]767 kB
Download this file (A3-si-e-si.pdf)cartel si e si[ ]765 kB
Download this file (A3-son-libre.pdf)cartel libre decidir[ ]791 kB
Download this file (Bandeira-Cuntis-en-negro.pdf)Banderia[ ]58 kB
Download this file (Banner-Cuntis-en-negro.pdf)Banner[ ]54 kB
Download this file (Camiseta-Cuntis-en-negro.pdf)Camiseta[ ]234 kB
Download this file (Cartel-Cuntis-en Negro_98x128.pdf)Cartel[ ]267 kB
Download this file (identificador-Cuntis-en-negro.pdf)Identificador[ ]354 kB
Download this file (Logo-Cuntis-en-negro.pdf)Logo[ ]57 kB
Download this file (Lona-Cuntis-en-negro-300x130.pdf)Lona[ ]269 kB
Download this file (Manifesto_Institucional_EnNegro.pdf)Manifesto Cuntis Negro[ ]116 kB
Download this file (pancarta-balcon-Cuntis-ennegro.pdf)Pancarta[ ]263 kB
Download this file (pegatina-espazo.pdf)Pegatina[ ]788 kB
Download this file (RRSS-Cuntis-ennegro-perfil-FB.jpg)Banner Redes Sociais 1[ ]14 kB
Download this file (RRSS-Cuntis-ennegro-perfil-twitter.jpg)Banner Redes Sociais 2[ ]13 kB