O día 11 de xuño ábrese o prazo de inscrición para anotarse no programa Cuntilín verán 2018, e permanecerá aberto ata o día 20 de xuño. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello en horario de 9 a 13:30 de luns a venres.
As instancias para inscribirse poden recollerse nas Oficinas do concello ou descargalas dende esta páxina. Deberán aportar ademais a seguinte documentación:
- Volante de empadroamento
- Acreditar mediante contratos, certificados de empresa, etc., a necesidade de conciliación
- Xustificante de matrícula do curso académico 2018/19
- Xustificante de familia numerosa ou familia monoparental, se é o caso
- Informe da traballadora social ou educadora familiar no caso de presentar necesidades sociais e/ou educativas que recomenden a participación no programa