Historia

Época Xermánica

Época Xermánica

No ano 411 nacía un reino independente, Galliciense Regnum, o primeiro reino europeo e igualmente o primeiro Estado medieval que comprendeu todo o territorio galego, o norte de Portugal até o río Douro e as xeografías de León e Asturias.

 

 

 

UN POBO DA NACIÓN SUEVA

O pobo dos contenos, o que hoxe sería o actual Cuntis -xunto con outros territorios difíciles de delimitar- formaba parte dunha das principais igrexas ou "dioceses" do bispado iriense, durante a época de San Martiño de Dumio, tal e como o achega o Parrochiale Suevum que sinala que Galiza estaba dividida en 13 sés eclesiásticas (coas súas respectivas catedrais) e estas á súa vez en diversas dioceses, como o era a cuntiense. Isto aconteceu durante o reinado de Teodomiro (559-570).

ANCHADOS ARQUEOLÓXICOS: SARTEGOS ANTROPOIDES

Á parte deste testemuño histórico, existen varios achados arqueolóxicos do paso desta cultura xermánica polos nosos territorios, entre outros diversas sepulturas antropoides, de "dobre estola", bipedais e de cabeceira.

DAS SUPOSTAS HEREXÍAS ÁS RELIXIOSAS ALTOMEDIEVAIS

Cuntis durante este tempo, igual que toda a contorna, sería un importante foco de herexía priscilianista, incluso algúns historiadores teñen comentado que nas terras dos Celenos (Caldas de Reis) celebrárase un concilio co gallo de combater tal "desviación" doutrinal. Unha pregunta xorde agora disto: sería este o motivo polo que centurias máis tarde nas terras de Cuntis, particularmente, proliferarían as fundacións monásticas altomedievais?