Patrimonio
Casco Histórico
Praza das Árbores
Á sombra duns antigos tileiros (chantados no abrente do S. XX), enchese de luz a praza das árbores, recinto que antano formaba parte do patrimonio da Casa Grande dos Castro -hoxe Casa da Cultura Roberto Blanco Torres-, de aí que se teña coñecido noutros tempos co nome da Horta das Señoritas, en relación a aquelas mulleres da burguesía cuntiense que residiron nese predio fdalgo. De estrutura rectangular, dispón no seu centro xeométrico dunha antiga fonte, que segundo a tipoloxía escultórica se podería datar na primeira metade do S. XIX, con catro canos de bronce con cabezas de serpe e que a comezos do século XX foi trasladada dende a contigua Praza do Ferrol.
Nas súas inmediacións álzase a barroca igrexa parroquial de Santa María dos Baños de Cuntis e a Casa Reitoral, así como construcións de pedra que realzan un paisaxismo case que proustiano.
